
Sobre min
A miña forma de traballar baséase nunha mirada cercana, empática e personalizada, entendendo que cada persoa ten unha historia única e unhas necesidades diferentes. Por iso, traballo dende un enfoque integrador, combinando diferentes ferramentas terapéuticas para adaptarme a cada paciente e ofrecer a intervención máis adecuada en cada momento.

Creo nunha psicoloxía basada na escoita, o respecto e a colaboración.
A terapia non consiste únicamente en traballar sobre os síntomas, senón en comprender a historia de cada persoa, identificar os seus recursos e favorecer cambios que permitan vivir con maior benestar.
Se estás pasando por un momento complicado ou sintes que necesitas apoio, podemos iniciar xuntos este proceso.
Son terapeuta EMDR con formación de nivel I e II en adultos, nenos e adolescentes, unha ferramenta especialmente indicada para o abordaxe de experiencias traumáticas e situacións que continúan xenerando malestar emocional.
Ademais, conto con formación especializada en:
Experta en psicoloxía infantoxuvenil
Formación en apego e trauma
Trastornos da conducta alimentaria
Trastornos psicosomáticos
Procesos de duelo
Técnica terapéutica de caixa de area
